Ingredientes:
- Trigo sarraceno 250gramos - 1 vaso de leite de arroz - 50gramos de panela - Un chisco de canela - Un chisco de xenxibre - Raiadura dun limón Procedemento: 1º Deixar o trigo sarraceno un mínimo de 6 horas a remollo 2º Lavar ben o trigo sarraceno 3º Raiar o limón 4º Mesturar o trigo sarraceno e a raiadura de limón co resto dos ingredientes (canela, panela, xenxibre e leite de arroz) nun vaso de batedora ou utensilio similar. 5º Bater os ingredientes ata conseguir a textura axeitada. En caso de que vos quede moi espeso,engadide un pouco de auga ou leite vexetal. 6º Botar un pouco de aceite de xirasol (BIO) na tixola e unha vez quente engadir unha cullerada grande da mestura á sartén. 7º Deixar que se faga ben por ámbolos dous lados e retirar a filloa a un prato. 8º Repetir procedemento ata rematar coa mestura que hai no vaso. que aproveite!!!!!!!!!!! Elexide unha boa tixola para que non se vos peguen as filloas! ánimo!!!!!!!!!
0 Comentarios
INGREDIENTES:
|
Autores
Arquivos
Noviembre 2022
Categorías |