Ingredientes falafel:
- 300gr de garavanzos - 3 ceboliñas - 3 dentes de allo - un chisco de sal - un chisco de comino - un chisco de pementa negra - 3 culleradas de levadura química - 1 cullerada de fariña de garavanzo (prescindible) Ingredientes da salsa de iogur: - 1 dente de allo - 1 iogur natural de soia sen azucre - 1/2 zume de limón - un chisco de sal - un chisco de pementa negra - 1 cullerada de finas herbas - 2 culleradas soperas de aceite de oliva virxe extra Procedemento: - Deixamos os garavanzos a remollo durante 12horas, aprox. - Pasado ese tempo, escurrimos os garavanzos e a continuación, os trituramos xunto co resto dos ingredientes. - Formamos as bolas de falafel e as aplastamos lixeiramente coas mans. - Quentamos o aceite na tixola e unha vez quente, engadimos as bolas e imos dándolles volta de xeito que se vaian dourando por ámbolos lados. - Unha vez feitos, retirámolos e deixámolos enriba de papel absorbente. Procedemento salsa de iogur: - Vertemos no vaso da batedora tódolos ingredientes anteriormente mencionados (iogur, zume de medio limón, allo, especias, aceite e sal) e os batemos ata conseguir a textura axeitada. que aproveite!!!!!!!!!!!!!
0 Comentarios
|
Autores
Arquivos
Noviembre 2022
Categorías |