Ingredientes:
- 2 aguacates - 1 tomate - 1/2 cebola - 1/2 limón - cilantro Procedemento: - Pelar a cebola, picala moi pequeniña e botar nun bol (ou similar). - Lavar e picar o tomate e botar no mesmo bol. - Picar os aguacates en pedaciños e meter no mesmo bol. - Exprimir o zume de medio limón e botar no bol. - Lavar e cortar o cilantro pequeniño e botar no bol. - Mesturar e aplastar un pouco cun garfo todos os ingredientes e .... Bo proveito!!!
0 Comentarios
Ingredientes:
- 14 noces - 6 cenorias - 1 dente de allo - 3 culleradas de aceite de oliva - 30gr (aprox) de alfábega fresca - un chisco de sal Procedemento: - Pelar e lavar as cenorias - Cocer as cenorias - Abrir as noces - Mesturar nun bol (ou utensilio semellante) tódolos ingredientes (allo, aceite de oliva, alfábega, cenorias cocidas, noces, sal) - Bater todo coa batedora que aproveite!!!!!!!!!!! Receta extraida do blog de Vegetarianismo. net ¡aIngredientes (1ª parte):
- 225gramos de Anacardos crús - 4/5 culleradas de salsa de soia - 6 culleradas (aprox) de auga Procedemento (1ª parte): - Deixar os anacardos a remollo un mínimo de 8 horas - Tras 8 horas, bater os anacardos xunto coa auga maila salsa de soia - Unha vez todo está batido e mesturado, deixar a mestura a temperatura ambiente cuberto con film entre 12h e 24 horas para que fermente. Ingredientes (2ª parte): - Un chisco de sal - 4 culleradas de aceite de coco derretido - 2 + 1/2 de culleradas de vinagre de mazá - un chisco de ourego - 1 cullerada de psyllium - 125ml de auga - Fermento de anacardos Procedemento (2ª parte): - Botar unha cullerada de psyllium a un vaso con auga (125ml aprox) e mesturar. - Engadir a mestura anterior (psyllium mais auga) mailo resto de ingredientes ao fermentado de anacardos. - Bater todo coa batedora ata conseguir a textura axeitada. Se fora preciso, engadide un pouco de auga. - Unha vez acadedes a textura, mollade as mans e comezade a dar forma o Nonqueixo. Con esas cantidades deberían sair 3 queixos. :) que aproveite!!!!!!!!!!!!!!! P.D: A receita sacámola do blog de cociña Rubia Intolerante |
Autores
Arquivos
Noviembre 2022
Categorías |