INGREDIENTES:
- 300gr de soia texturizada - Fariña - 1 cebola - 1/2 pemento - 2 dentes de allo - Un chorriño de salsa de soia - 1 cucharada de comino en polvo - aceite de oliva - sal e pementa ELABORACION: - Limpamos e cortamos as verduras en trozos pequenos. - Botamos a soia texturizada nun bol e añadimos auga quente para que vaia hidratando. - Cando a soia texturizada xa está hidratada, eliminamos o exceso de auga apretando coas mans. - Añadimos a fariña, a salsa de soia, o comino, allo, pemento e cebola no mesmo recipiente e salpementamos ao gusto. - Amasamos todo xunto (a cantidade de fariña dependerá da textura que desexemos) - Freimos as nosas hamburguesas nunha sartén con suficiente cantidade de aceite como para cubrilas ata a metade. - Ao retiralas da sartén as poremos en papel absorbente para retirar o exceso de aceite. BO PROVEITO!!!!!!!!!
0 Comentarios
|
Autores
Arquivos
Noviembre 2022
Categorías |