Ingredientes:
- Sementes de sésamo (300gramos) - aceite de sésamo (75ml aprox) - un chisco de sal Procedemento para facer paté de sésamo tostado: - Botar as sementes de sésamo a unha tixola. - Engadir un chisco de sal. - Quentar as sementes na tixola a fogo medio-alto durante uns segundos. Ir removendo para que non se queimen. - Apagar e deixar enfriar as sementes. - Cando xa non estean quentes, metelas nun molinillo e moer ata conseguir a textura en pó. - As sementes moídas as imos botando a un vaso. - Engadimos o aceite de sésamo pouco a pouco e imos removendo sen parar coa axuda dun coitelo. - Se queda moi espeso, engadide un pouco de aceite de sésamo. Procedemento para facer o paté de sésamo crú: - Botar as sementes ao molinillo e moer ata conseguir textura en pó. - As sementes moídas as imos botando a un vaso. - Engadimos o aceite de sésamo pouco a pouco e imos removendo sen parar coa axuda dun coitelo. - Se queda moi espeso, engadide un pouco de aceite de sésamo. Que aproveite!!!! suxerimos que o acompañedes con tortitas de arroz :)
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
Autores
Arquivos
Noviembre 2022
Categorías |