XERVEXETA
  • Contacto
  • RECETAS VEGANAS

"Alfajores" con doce de marmelo

21/11/2022

0 Comentarios

 
Foto
Ingredientes:

Para os alfajores: 
​
- 125gr de margarina vexetal 
- 75gr de azucre glass
- 90gr de crema de coco (parte sólida da leite de coco en lata)
- 150gr de maicena
- 150gr de harina de trigo 
- 1 1/2 cdta de polvo de hornear (5gr)
- 1 cdta de esencia de vainilla 




















0 Comentarios

Tarta da avoa

16/5/2022

0 Comentarios

 
Ingredientes para a tarta:

-
 Bolachas
- Coco rallado
- Natillas de cacao

Ingredientes para as natillas de cacao:


- Almidón de maiz (5 culleradas soperas)
- Leite vexetal de avea (600ml aprox)
- Azucre (3 culleradas soperas)
- Cacao puro (4 culleradas aprox)
- Vainilla (10 gotas)
- Canela (un chisco)

Procedemento para facer as natillas: 

-
Quentamos a fogo medio o leite vexetal. 
- Engadimos nunha perola grande o resto dos ingredientes.
- Cando o leite estea quente, engadímolo pouco a pouco á perola co resto de ingredientes e removemos. 
- Unha vez adquira a textura desexada, apagamos e reservamos. 

Procedemento para montar a tarta:

-
 Colocamos a primeira capa de bolachas no molde. As bolachas remollámolas previamente sen chegar a empapalas. 
- Coa crema de natillas fría ou temperada, cubrimos a base. 
- Colocamos unha segunda capa de bolachas remolladas en leite vexetal
- Cubrimos con natilla de cacao.
- Colocamos unha terceira capa de galletas remolladas en leite vexetal
- Cubrimos con natilla de cacao.
- Espolvoreamos coco rallado por enriba da natilla
- Reservamos na nevera

Que aproveite!!!!!!!!! 


0 Comentarios

Falafel en salsa de iogur

10/3/2022

0 Comentarios

 
Picture
Ingredientes falafel: 

- 300gr de garavanzos 
- 3 ceboliñas
- 3 dentes de allo
- un chisco de sal 
- un chisco de comino
- un chisco de pementa negra 
- 3 culleradas de levadura química 
- 1 cullerada de fariña de garavanzo (prescindible)

Ingredientes da salsa de iogur:

- 1 dente de allo
- 1 iogur natural de soia sen azucre
- 1/2 zume de limón
- un chisco de sal
- un chisco de pementa negra
- 1 cullerada de finas herbas
- 2 culleradas soperas de aceite de oliva virxe extra


Procedemento: 

- Deixamos os garavanzos a remollo durante 12horas, aprox.
- Pasado ese tempo, escurrimos os garavanzos e a continuación, os trituramos xunto co resto dos ingredientes.
- Formamos as bolas de falafel e as aplastamos lixeiramente coas mans.
- Quentamos o aceite na tixola e unha vez quente, engadimos as bolas e imos dándolles volta de xeito que se vaian dourando por ámbolos lados. 
- Unha vez feitos, retirámolos e deixámolos enriba de papel absorbente.

Procedemento salsa de iogur: 

-
Vertemos no vaso da batedora tódolos ingredientes anteriormente mencionados (iogur, zume de medio limón, allo, especias, aceite e sal) e os batemos ata conseguir a textura axeitada. 

que aproveite!!!!!!!!!!!!! 
0 Comentarios

Empada de mazá

27/9/2021

0 Comentarios

 
Imagen
Ingredientes:

- 7 mazás
- 1 limón
- 2 culleradas de canela
- 1/2 culleradiña de sal
- 1 vaso de auga
- 100gr de froitos secos
- 3 culleradas de panela
- 1 culleradiña de vainilla en pó

Procedemento: 

1º Lavamos as mazás

2º Pelamos as mazás

3º Cortamos as mazás en trozos pequenos

4º Engadimos as mazás troceadas nunha perola

5º Moemos os froitos secos co molinillo

6º Engadimos os froitos secos á perola onda está a mazá

7º Exprimimos o limón e llo engadimos á perola

8º Engadimos á perola o resto dos ingredientes (sal, vainilla, canela, panela e auga)

9º Poñemos a perola a quecer durante 30' a fogo baixo/medio

10º Estiramos a masa de follado nunha bandexa de forno 

11º Vertemos o contido da perola enriba da masa de follado 

12ª Tapamos o recheo coa outra masa

13º Metemos no forno e deixamos quecer a fogo medio durante 30' aprox


que aproveite!!!!!!!!!! <3 
0 Comentarios

Paté de Sésamo tostado (Tahini)

29/4/2021

0 Comentarios

 
Imagen
Ingredientes:

- Sementes de sésamo (300gramos)
- aceite de sésamo (75ml aprox)
- un chisco de sal 

Procedemento para facer paté de sésamo tostado:

-
Botar as sementes de sésamo a unha tixola.
- Engadir un chisco de sal. 
-
Quentar as sementes na tixola a fogo medio-alto durante uns segundos. Ir removendo para que non se queimen. 
- Apagar e deixar enfriar as sementes. 
- Cando xa non estean quentes, metelas nun molinillo e moer ata conseguir a textura en pó. 
- As sementes moídas as imos botando a un vaso.
- Engadimos o aceite de sésamo pouco a pouco e imos removendo sen parar coa axuda dun coitelo. 
- Se queda moi espeso, engadide un pouco de aceite de sésamo. 

Procedemento para facer o paté de sésamo crú:

- Botar as sementes ao molinillo e moer ata conseguir textura en pó.
- As sementes moídas as imos botando a un vaso.
- Engadimos o aceite de sésamo pouco a pouco e imos removendo sen parar coa axuda dun coitelo. 
- Se queda moi espeso, engadide un pouco de aceite de sésamo. 


Que aproveite!!!!

suxerimos que o acompañedes con tortitas de arroz :)


0 Comentarios

PATÉ SABOR A MAR

12/4/2021

0 Comentarios

 
Imagen
Ingredientes: 

- Garavanzos cocidos (400gr cocidos aprox)
​- Un dente de allo
- Aceite de Liño (5 culleradas aprox)
- Salsa de soia (2 culleradas aprox)
- Vinagre de mazá (un chorro)
- Algas (10gr aprox)
- un chisco de sal 
- 1/2 vaso de auga

Procedemento:

- Deixar a remollo os garavanzos (mínimo 12 horas).
- Tralas 12 horas, cocemos os garavanzos ata que estean ben cocidos. 
- Quentamos as algas nunha tixola durante uns segundiños (sen aceite) co fin de torralas e potenciar o seu sabor.
- Mesturamos todo nun bol (salsa de soia, aceite de liño, auga,  dente de allo, vinagre, sal, garavanzos e algas) e batemos. 

Bo proveito!!!!

Receita extraida do blog De donde saco las proteínas ("no atún vegano")
0 Comentarios

GUACAMOLE

16/3/2021

0 Comentarios

 
Imagen
Ingredientes:

- 2 aguacates
- 1 tomate
- 1/2 cebola
- 1/2 limón
- cilantro

Procedemento:

- Pelar a cebola, picala moi pequeniña e botar nun bol (ou similar).
- Lavar e picar o tomate e botar no mesmo bol.
- Picar os aguacates en pedaciños e meter no mesmo bol.
- Exprimir o zume de medio limón e botar no bol.
- Lavar e cortar o cilantro pequeniño e botar no bol.
- Mesturar e aplastar un pouco cun garfo todos os ingredientes e ....

   Bo proveito!!!



0 Comentarios

Paté de cenoria e noces

15/3/2021

0 Comentarios

 
Imagen
Ingredientes:

- 14 noces
- 6 cenorias
- 1 dente de allo
- 3 culleradas de aceite de oliva
- 30gr (aprox) de alfábega fresca 
- un chisco de sal

Procedemento: 

- Pelar e lavar as cenorias
- Cocer as cenorias 
- Abrir as noces 
- Mesturar nun bol (ou utensilio semellante) tódolos ingredientes (allo, aceite de oliva, alfábega, cenorias cocidas, noces, sal)
- Bater todo coa batedora

que aproveite!!!!!!!!!!!

Receta extraida do blog de Vegetarianismo. net



0 Comentarios

NonQueixo de Anacardos

9/3/2021

0 Comentarios

 
Imagen
¡aIngredientes (1ª parte):

- 225gramos de Anacardos crús 
- 4/5 culleradas de salsa de soia
- 6 culleradas (aprox) de auga

Procedemento (1ª parte):

- Deixar os anacardos a remollo un mínimo de 8 horas
- Tras 8 horas, bater os anacardos xunto coa auga maila salsa de soia
- Unha vez todo está batido e mesturado, deixar a mestura a temperatura ambiente cuberto con film entre 12h e 24 horas para que fermente.

Ingredientes (2ª parte):

- Un chisco de sal
- 4 culleradas de aceite de coco derretido
- 2 + 1/2 de culleradas de vinagre de mazá
- un chisco de ourego
- 1 cullerada de psyllium 
- 125ml de auga
- Fermento de anacardos 

Procedemento (2ª parte): 

- Botar unha cullerada de psyllium a un vaso con auga (125ml aprox) e mesturar. 
- Engadir a mestura anterior (psyllium mais auga) mailo resto de ingredientes ao fermentado de anacardos.
- Bater todo coa batedora ata conseguir a textura axeitada. Se fora preciso, engadide un pouco de auga. 
- Unha vez acadedes a textura, mollade as mans e comezade a dar forma o Nonqueixo. Con esas cantidades deberían sair 3 queixos. :)


que aproveite!!!!!!!!!!!!!!! 

P.D: A receita sacámola do blog de cociña Rubia Intolerante












0 Comentarios

Filloas de trigo sarraceno

27/2/2021

0 Comentarios

 
Imagen
Ingredientes: 

- Trigo sarraceno 250gramos
- 1 vaso de leite de arroz 
- 50gramos de panela 
- Un chisco de canela
- Un chisco de xenxibre
- Raiadura dun limón 

Procedemento:

1º Deixar o trigo sarraceno un mínimo de 6 horas a remollo
2º Lavar ben o trigo sarraceno
3º Raiar o limón
4º Mesturar o trigo sarraceno e a raiadura de limón co resto dos ingredientes (canela, panela, xenxibre e leite de arroz) nun vaso de batedora ou utensilio similar.
5º Bater os ingredientes ata conseguir a textura axeitada. En caso de que vos quede moi espeso,engadide un pouco de auga ou leite vexetal. 
6º Botar un pouco de aceite de xirasol (BIO) na tixola e unha vez quente engadir unha cullerada grande da mestura á sartén.
7º Deixar que se faga ben por ámbolos dous lados e retirar a filloa a un prato. 
8º Repetir procedemento ata rematar coa mestura que hai no vaso.

que aproveite!!!!!!!!!!!

Elexide unha boa tixola para que non se vos peguen as filloas! 

ánimo!!!!!!!!! 









0 Comentarios

CREMA DE CACAO E ABELÁS

21/2/2021

0 Comentarios

 
Imagen

INGREDIENTES:

- 60 gramos de cacao puro
- 200 mililitros de leite de arroz
- 80 gramos de panela

- 210 gramos de abelás tostadas
- 100 gramos de aceite de coco


PROCEDEMENTO:

1º Pelamos as abelás
2º Derretemos o aceite de coco
3º Picamos as abelás coa picadora
4ºMetemos as abelás nun vaso de batidora e a continuación, engadimos o resto dos ingredientes no vaso. 
5º Mesturamos tódolos ingredientes coa batidora 
6ºVertemos a crema de cacao e abelás nunha taza e a gardamos na nevera durante uns minutos para que se enfríe e para que colla consistencia.

QUE APROVEITE!!!!!!!!!!!!!!!!!
​
É UNHA RECETA SABOROSA E SAUDABLE APTA PARA CALQUER ÉPOCA DO ANO :) 




0 Comentarios

Hamburguesas veganas de soia

16/2/2017

0 Comentarios

 
INGREDIENTES: 

- 300gr de soia texturizada
- Fariña
- 1 cebola
- 1/2 pemento
- 2 dentes de allo
- Un chorriño de salsa de soia
- 1 cucharada de comino en polvo
- aceite de oliva
- sal e pementa

ELABORACION: 

- Limpamos e cortamos as verduras en trozos pequenos.
- Botamos a soia texturizada nun bol e añadimos auga quente para que vaia hidratando.
- Cando a soia texturizada xa está hidratada, eliminamos o exceso de auga apretando coas mans.
- Añadimos a fariña, a salsa de soia, o comino, allo, pemento e cebola no mesmo recipiente e salpementamos ao gusto. 
- Amasamos todo xunto (a cantidade de fariña dependerá da textura que desexemos)
-  Freimos as nosas hamburguesas nunha sartén con suficiente cantidade de aceite como para cubrilas ata a metade.
- Ao retiralas da sartén as poremos en papel absorbente para retirar o exceso de aceite. 

BO PROVEITO!!!!!!!!! 

0 Comentarios

Setas á feira 

19/1/2017

0 Comentarios

 
Setas á feira 

Ingredientes: (8 persoas)

2 bolsas de  setas shiitake deshidratadas
1,5kg patatas
1 cebola
8 follas de laurel
2 cucharaditas de algas en polvo
Auga 
Sal gorda
Pimentón doce
Pimentón picante 
Aceite de oliva virgen extra

​Procedemento: 
  • Nunha pota grande quentamos agua (mais da metade da pota). 
  • Botamos o laurel, as algas e a cebola sen cortar.
  • Cando ferva añadimos as setas (previamente lavadas para quitarlles a terra) e tamén as patacas cortadas en trozos medianos.
  • Deixamos que se cocine a fogo baixo ata que as patacas estén cocidas, uns 15 minutos.
  • Sacamos as patacas e tamén as setas, as troceamos e as poñemos nun prato.
  • Espolvoreamos por este orden: sal gorda, pimentón doce, picante e un chorro de aceite de oliva.

​BO PROVEITO!

0 Comentarios

Tostas de verduras con pesto de rúcula

24/11/2016

0 Comentarios

 
Tostas de verduras con pesto de rúcula
 
  • 1 calabacín
  • 1 cebolla
  • 1 dente de allo
  • 1/2 de berenjena
  • 3 cenouras
  • 300gr cogumelos
  • 1 tomate crú
  • Sal e aceite
  • Tomillo
  • Pementa
  • 2 barras de pan
 
Pesto de rucula:
 
  • 100g de rúcula
  • 50g de noces
  • 1 dente de allo
  • 1/4 de vaso de auga
  • Aceite e sal
 
Pesto de rucula:
  • Misturamos o dente de allo, a rúcula, as noces e o resto  de ingredientes nunha olla. Batimos durante un par de minutos ata acadar a textura desexada.
 
Elaboracion tostas
  • Lavamos e picamos tódalas verduras
  • Freímos un dente de allo e unha cebola
  • Cando o cebola comeza a pocharse añadimos o resto das verduras  excepto o tomate crú
  • Salpimentamos, añadimos o tomillo e añadimos mais aceite se é necesario. Cocinamos a fogo lento durante 10’.
  • Añadimos o tomate, removemos e deixamos que se desfaga (3’)
  • Añadimos o tomillo e cociñamos un par de minutos
Horneamos o pan e unha vez feito montamos as tostas. Pan, verduras e pesto de rucula.
 
 QUE APROVEITE!!
0 Comentarios

Tostas de Seitán con salsa de cogumelos

3/11/2016

0 Comentarios

 
TOSTAS DE SEITÁN CON SALSA DE COGUMELOS

  • Cebola (1)
  • pemento vermello (1)
  • un paquete de gluten de 300gr
  • pan rallado (1 vaso)
  • salsa de soja (1 vaso)
  • 4 pastillas de caldo vexetal
  • Sal (pizca)
  • 5 dentes de allo.
  • Pan
  • Cogumelos  (bandexa de 250gr)
  • Aceite
  • Leite
  • Fariña
  • Pementa negra
 
Elaboración:
  •  Limpamos o pemento vermello
  • Picamos o pemento  mais a cebola
  • Quentamos auga (2 vasos e medio) e lle añadimos 3 pastillas de caldo vexetal mais a salsa de soja (1 bote) unha vez comece a hervir apagamos o fogo e deixamos que enfrie.
  • Botamos o gluten nun bol e lle añadimos a auga con soja e caldo vexetal templado.
  • Amasamos, añadimos unha pizca de sal e facemos 8 bolas de gluten
  • Deixamos reposar as bolas de gluten e mentres tanto, poñemos a quentar con bastante auga (3/4 da olla) a cebola, o pemento vermello  e unha pastilla de caldo vexetal e os dentes de allo.
  • Incorporamos as bolas de gluten de deixamolos cociñar durante 20’.
  • Limpamos e cortamos os cogumelos (bandexa) e os poñemos na sartén cunha pizca de aceite. Incorporamos a cebola e o pemento vermello da cocción anterior.  Unha vez os cogumelos estén feitos, botamos un pouco de fariña e leite na sartén. Apagamos o fogo e batimos todo- Añadimos un pouco de pementa negra e sal.  Reservamos a salsa.
  • Fileteamos as bolas de seitán e as pasamos pola sartén cun pouco de aceite e allo.
  • Finalmente montamos as tostas: pan,   seitán e salsa de cogumelos.

QUE APROVEITE!!! 
 
 

0 Comentarios

RATATOUILLE CON VINAGRETA

30/6/2016

0 Comentarios

 
​INGREDIENTES PARA O RATATOUILLE:
  • 2 PLACAS DE MASA DE HOXALDRE
  • BERENXENA - 1
  • TOMATE- 3 PEQUENOS
  • PEMENTO VERMELLO-1
  • CEBOLA – ½
  • SAL
  • ACEITE
Para a vinagreta:
  • Sal
  • Aceite
  • Vinagre
  • Perexel
  • Allo (2 dentes)
 
PROCEDEMENTO:
  • PRECALENTAMOS O FORNO AO MÁXIMO (250º)
  • LAVAMOS OS VEXETAIS E OS CORTAMOS EN RODAXAS OU TIRAS FINAS
  • DESCONXELAMOS NO MICROONDAS AS PLACAS DE HOXALDRE
  • UNHA VEZ A MASA ESTE DESCONXELADA, AMASÁMOLA E  ESTIRÁMOLA CO RODILLO. NUNHA BANDEXA DE FORNO.
  • AÑADIMOS OS VEXETAIS FACENDO FILAS(FILA DE PEMENTOS, FILA DE CEBOLA….E ASI ATA CUBRIR TODA A MASA)
  • SALPIMENTAMOS E O METEMOS NO FORNO DURANTE 30’ AO MÁXIMO (250º)
  • PREPARAMOS A VINAGRETA E UNHA VEZ O RATATOUILLE ESTÉ FEITO, FORA DO FORNO, AÑADÍSMOLLO.
 
BO PROVEITO!
0 Comentarios

June 30th, 2016

30/6/2016

0 Comentarios

 
0 Comentarios

TOSTAS DE VEXETAIS CON HUMMUS

30/6/2016

0 Comentarios

 
INGREDIENTES:
  • PEMENTO VERMELLO (1)
  • CALABACÍN VERDE  (1)
  • CEBOLA (1)
  • COGUMELOS (250GR)
  • Aceite
  • Sal
  • Pan (2)
Para o hummus:
  • Garbanzos cocidos (250gr)
  • Limón (1)
  • Dente de allo (1)
  • pementa cayena (3)
  • Aceitunas e pepinillos en vinagre (7)
 
PROCEDEMENTO:
  • LAVAMOS OS VEXETAIS
  • PICAMOS OS VEXETAIS EN TIRAS FINAS
  • EXCEPTO OS COGUMELOS,  QUE OS FACEMOS NA SARTÉN CO FOGÓN AO MÁXIMO REMOVENDO DURANTE  5-10’, POÑEMOS OS VEXETAIS NUNHA BANDEXA DE FORNO CUN POUCO DE SAL E ACEITE E OS METEMOS NO FORNO (PRECALENTADO) DURANTE 20’ A 250º .
  • PREPARAMOS O HUMMUS (METEMOS NUN BOL OS GARBANZOS, CAYENA, ACEITUNAS, PEPINILLOS, O ZUMO DE LIMÓN E BATIMOS)
  • METEMOS O PAN (previamente cortado para tosta) NO FORNO DURANTE 5’ A 250º
  • UNHA VEZ OS VEXETAIS, O HUMMUS MAILO PAN ESTÉN PREPARADOS, MONTAMOS AS TOSTAS. (UNTAMOS O HUMMUS NO PAN E LLE POÑEMOS ENRIBA OS VEXETAIS ASADOS)
 
Bo proveito! 
0 Comentarios

EMPANADA DE COGUMELOS E CALABACÍN

30/6/2016

0 Comentarios

 
INGREDIENTES: 
  • CEBOLAS (3)
  • CALABACÍN (1)
  • COGUMELOS (1 BOTE)
  • DENTE DE ALLO (1)
  • ACEITE
  • VINAGRE
  • SAL
  • MASA DE EMPADA (2)
 
 
PROCEDEMENTO:
 
  • PELAMOS E PICAMOS OS VEXETAIS
  • BOTAMOS A CEBOLA, O CALABACÍN MAILO DENTE DE ALLO NA SARTÉN CUN POUCO DE ACEITE
  • CANDO OS INGREDIENTES ANTERIORES ESTÉN POCHADOS AÑADIMOS OS COGUMELOS, O SAL  E REMOVEMOS.
  • AÑADIMOS Á BASE DA EMPADA E CUBRIMOS CON MASA
  • PINCHAMOS A MASA
  • METEMOS NO FORNO
  • ESPERAMOS 30’ A 250º E O RETIRAMOS DO FORNO

QUE APROVEITE!!!!!!
0 Comentarios

TOSTAS DE SEITÁN E TOFU EMPANADO                       CON TOMATE SECO

21/4/2016

0 Comentarios

 
INGREDIENTES:
  • PAN (1)
  • SEITAN (400GR)
  • TOFU (400 GR)
  • SALSA DE TOMATE NATURAL CON ALBAHACA
  • TOMATES SECOS
  • ACEITE
  • VINAGRE
  • ALLO (2)
  • ESPECIAS: PEREXEL, PEMENTA BRANCA
  • SAL
  • PAN RALLADO
  • FARIÑA
 
PROCEDEMENTO
  • IMOS QUENTANDO A SALSA DE TOMATE NA SARTÉN DURANTE 15’ A FOGO LENTO. MENTRES,  O RESTO CORTA EN RODAXAS O TOFU E EN TROZOS O SEITÁN
  • AS RODAXAS DE TOFU AS SALPIMENTAMOS E DESPOIS AS SUMERXIMOS EN FARIÑA E AGUA.  UNHA VEZ ESTÉN BEN UNTADAS AS EMPANAMOS CO PAN RALLADO.
  • OS TROZOS DE SEITÁN TAMÉN OS EMPANAMOS.
  • UNHA VEZ REMATEMOS CO TOFU MAILO SEITÁN OS FREIMOS EN ACEITE MOI QUENTE ATA QUE QUEDEN CRUXINTES.
  • CORTAMOS O TOMATE SECO, OS DENTES DE ALLO E O METEMOS TODO NUN BOL CUN POUCO DE VINAGRE. O DEIXAMOS MACERAR DURANTE 1 HORA, APROX.
  • CORTAMOS O PAN E O METEMOS NO FORNO A 250º DURANTE 5’.
  • FINALMENTE MONTAMOS AS TOSTAS. (PAN CON TOMATE + SEITÁN/TOFU+ TOMATE  SECO MACERADO)
 
 
QUE APROVEITE!
​
0 Comentarios

    Autores

    Participantes do taller de cociña do San Xerome Emiliani 

    ​

    Imagen

    Arquivos

    March 2022
    September 2021
    April 2021
    March 2021
    February 2021
    February 2017
    January 2017
    November 2016
    June 2016
    April 2016

    Categorías

    All

    RSS Feed

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Contacto
  • RECETAS VEGANAS